lunes, 14 de noviembre de 2016

Disfraz Nadal

Queridos pais/nais:

Esta semana imos comezar a ensaiar o noso baile e a nosa panxoliña que imos interpretar no festival de Nadal no Teatro Principal.

Despois de buscar a opción máis económica para o vestiario, atopei un disfraz de árbore de Nadal nunha páxina web.

O prezo do disfraz é de 12€.

Coméntovos tamén que este disfraz levárono o ano pasado os nenos/as que están actualmente en 6º de infantil, por se vos sirve a talla podedes pedirllo.

Necesito que ao longo desta semana me confirmedes se queredes que faga o pedido ou preferides collelo pola vosa conta, ou llo pedides a alguén, para así poder facer o pedido antes de que se esgote o stock.

Grazas pola vosa colaboración.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario