Queridos pais/nais:
O festival de fin de curso está á volta da esquina e nós xa comezamos a ensaiar con moita ilusión :) Infórmovos que o festival será o mércores 15 de xuño ás 16:00 no Auditorio Municipal. Bailaremos un remix de Grease e cantaremos unha canción en inglés.
O vestiario que terán que levar para o festival é o seguinte:
*NENOS:
Pantalón negro (remangado)
Camiseta sen mangas de cor branca
Calcetíns brancos
Zapatos, zapatillas ou tenis de cor escura (preferiblemente de cor negra)
O pelo deberá ir engominado
*NENAS:
Legging negro
Camiseta de manga corta negra
Pano vermello no pescozo ( pode ser un lazo ou un anaco de tea)
Cinturón vermello ( tamén serve un anaco de tea ou de lazo como para o pano)
Zapatos, zapatillas ou bailarinas vermellas.
Aínda que a maioría das cousas seguro que xa as tendes, tentei buscarvos en tendas a opción máis barata por se tivésedes que mercar algo: