jueves, 11 de junio de 2015

Nota informativa

Queridos pais/nais:

O curso está chegando ao seu fin, e para celebralo imos facer un festival no auditorio municipal de Ourense o mércores 17 ás 16:30. (Nesta ocasión non se darán entradas debido a que o aforo do auditorio é maior) 

Imos bailar a canción de "Oh Suzanna" vestidos de cowboys e cowgirls e cantaremos a canción en inglés " The clothes song".

Os nenos que quedan a comedor deberán traer unha bolsa co seu nome co disfraz. Os que van a comer á casa virán vestidos, peinados e pintados e terán que estar no cole ás 15:30

*Os nenos deberán levar pantalón vaquero e camisa ou camiseta branca e botas marróns ou negras. levarán pintado un bigote negro.

*As nenas levarán camisa ou camiseta branca e bailarinas marróns ou negras. Levarán pintados os labios de vermello e de peinado dúas coletas.

                                   ¡ Gracias pola vosa colaboración! :) 



No hay comentarios:

Publicar un comentario